Cargando resultados...
O Celta Fortuna visita o pechacancelas en Ceuta (18:30 h)
O filial vén de apañar a primeira derrota da temporada contra o Castelló
G24.gal
05/09/2026 15:32
O Celta Fortuna visita esta tarde, ás seis e media, o Ceuta, o pechacancelas da Segunda División e un dos equipos que aínda non sumou ningún punto. O cadro ceutí só marcou un gol e xa recibiu dez.
O equipo de Fredi afronta esta xornada logo da sufrir ante o Castelló a primeira derrota da temporada. A pesar dos seus números, do rival desta tarde, o técnico non se fía: "Non sacou puntos, pero é un equipo que fai ben as cousas, que transita ben. Así que vai ser un partido difícil contra un rival con moita necesidade", avisou o técnico na previa.