Publicador de contidos

Publicador de contidos

Enric Mas sentenza a Volta na etapa raíña, con triunfo parcial de Mikel Landa

Enric Mas sentenza a Volta na etapa raíña, con triunfo parcial de Mikel Landa

O de Movistar resistiu os ataques dos seus rivais, e mañá chegará de vermello a Granada para gañar a súa primeira gran rolda

Landa fuxiu preto da meta e gañou en solitario por segunda vez na Volta

Foto: EFE
G24.gal 12/09/2026 20:10

Mañá finaliza esta edición da Volta a España en Granada e Enric Mas é o gañador virtual. Mantén o liderado da xeral logo dunha etapa raíña na que venceu o español Mikel Landa. 

Unha vixésima tirada de 186 quilómetros con final en Collado del Alguacil. Landa atacou a sete quilómetros da meta e entrou en solitario. É a súa segunda vitoria na carreira española, xa vencera unha etapa hai nove anos. A 47 segundos entrou Johannessen.

Enric Mas chegou a case sete minutos e mantén o maillot vermello. Roglic conservou tamén o segundo posto e o terceiro no podio de mañá será Felix Gall. 

Foto: EFE Foto: EFE
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade