Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Volta a España 2027 comezará o 4 de setembro en Santiago

A Volta a España 2027 comezará o 4 de setembro en Santiago

A primeira semana da rolda terá protagonismo galego, con catro ou 5 etapas polas catro provincias

Podería haber unha contra reloxo por equipos no Campus Tecnolóxico de Aluminios Cortizo, en Padrón

Será a novena vez que a rolda saia de territorio galego

G24.gal 13/09/2026 16:54

No día en que remata a Volta a España en Granada, a organización anunciou que a edición de 2027 sairá desde Galicia o catro de setembro, cunha etapa en liña en Santiago.

Disputaranse catro ou cinco etapas na nosa comunidade, semella que unha delas unha contra o reloxo por equipos no Campus Tecnolóxico de Aluminios Cortizo, en Padrón, onde a Volta xa estivera en 2024. As estradas galegas terán así un grande protagonismo na vindeira edición dunha Volta na que gran parte do percorrido será polo norte peninsular.

A do ano próximo será a novena vez que a Volta a España comece na nosa Comunidade. A primeira foi en 1965, e a última en 2016.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade