Auriense-Deportivo: xornada histórica na Copa para un club con cinco anos de vida
César Sánchez, director deportivo: "Para nós é unha oportunidade moi grande"
Desde a Preferente a Primeira División. Esa distancia, cinco categorías, é a distancia que separa a ambos os clubs. Do fútbol profesional e os millóns que move o Deportivo ao fútbol amateur e vocacional do Auriense. Os branquiazuis terán enfronte a un equipo no que hai vixiantes de seguridade, repartidores de paquetería, traballadores do sector inmobiliario, ou moitos estudantes.
Algún modélico como Xavi, que aos seus 19 anos fai un dobre grao universitario de Dereito e Administración de empresas. Ten unha media de idade de só 21 anos, lixeiramente máis baixa que a que ten o filial do Depor en Primeira RFEF. O Auriense rompe os moldes do típico equipo de Preferente. Con 29 anos, Adri Blanco é o máis veterano e o único que non naceu máis aló do 2000.
César Sánchez, director deportivo: "Para nós é unha oportunidade moi grande"
A expectación co partido é moi grande e espérase que máis dun milleiro de afeccionados cheguen desde A Coruña. A venda de entradas vai moi bo ritmo e desde as 16:00 horas poderanse adquirir do Couto. Ademais, de 09:00 horas a 14:00 horas poderanse comprar nas oficinas do club pontino (en fronte da estación intermodal).