Cargando resultados...
Primeira vitoria do Baxi Ferrol na EuroCup Women
Gañou por 65-87 na súa visita ao Sleza Wroclaw polaco
Para Lino López, "o partido máis completo" das súas xogadoras
G24.gal
28/10/2026 20:21
Última actualización 28/10/2026 20:49
O Baxi Ferrol suma a súa primeira vitoria na fase de grupos da competición europea en Polonia. No encontro desta tarde ante o Sleza Worclaw as de Lino López foron por diante no marcador durante todo o encontro e souberon manter esa vantaxe tamén cando as polacas recurtaban distancias. Sydney Shaw foi a xogadora máis destacada das ferrolás con 32 puntos.