Endika Buján, protagonista do Rácing-Barakaldo desta tarde (16:30h, TVG)
O fútbolista natural de Barakaldo é unha das caras novas do Rácing, que veremos esta tarde en directo
A previa do partido comeza ás 16:05h na TVG e AGalega
Esta tarde veremos o encontro que van disputar o Rácing de Ferrol e o Barakaldo. Desde as catro, estaremos coa previa na primeira canle da Televisión de Galicia. O partido vai ser especial para o racinguista Endika Buján, barakaldés de nacemento e ex xogador do seu rival de hoxe.
Endika Buján, extremo do Rácing, é un barakaldés dos pés á cabeza: "Son dun barrio de Barakaldo, de Rontegi, e desde pequeno levo indo a Lasesarre de recollepelotas, molarme, xogar no descanso... e ser feliz", lembra.
O Rácing tiña posto o ollo nel. Tres partidos, e o tres como titular. Por posición e por características, lembra a Carlos Vicente. Algo que xa amosaba cando era un cativo: "A miña posición é extremo dereito. Son un extremo habilidoso, pequeno. Dixéronme que confían en min, e moi contento. A cidade está moi ben para min, que son tranquilo, gústame pasear, oas praias...Un club que estea mirando cara arriba. O que busco é mirar cara a Segunda División, xogar play off ou o ascenso directo. Durante o partido non hai amigos, gañarlles e celebrar coa familia. E vacilar un pouco a Imanol (de la Sota)"
Os desta tarde serán 90 minutos para renegar das súas orixes.