Cargando resultados...
O Leyma Coruña, campión do Teresa Herrera contra o Manresa (86-85)
Alonso Verge certificou o triunfo a unha semana de comezar a Liga ACB, que veremos na TVG
G24.gal
19/09/2026 12:50
O Leyma Coruña gañou onte o Trofeo Teresa Herrera. Impúxose ao Manresa por un axustado 86 a 85.
O norteamericano Alonzo Verge foi o máximo anotador con catorce puntos e certificou o triunfo do equipo coruñés con dous tiros libres convertidos.
O Leyma pecha así a súa pretemporada a unha semana do inicio dunha Liga Endesa que poderán seguir cada domingo na Televisión de Galicia.