Primeira proba con nivel ACB para Obradoiro e Basquet Coruña (82-89)
O Basquet Coruña púxose por diante no marcador dende o primeiro cuarto
Alonzo Verge foi MVP cun 33 de valoración
Os dous equipos galegos recén ascendidos a Liga Endesa estreáronse hoxe en Vilagarcía no Trofeo San Roque. Primeira proba de pretemporada para Monbus Obradoiro e Leyma Basquet Coruña, que asinaron un partido axustado, pero que gañaron desde o primeiro tempo os de Carles Marco.
O Basquet Coruña levou o trofeo San Roque de Vilagarcía cun 82-89 e un destacado Alonzo Verge. O base estadounidense asinou un partido con 24 puntos, 8 asistencias e 3 rebotes para un 33 de valoración.
Máis de mil afeccionados gozaron do partido desde as bancadas do pavillón Sara Gómez, que estivo cheo para recibir aos dous clubes da elite.
Os seguintes partidos para os equipos galegos serán o 29 de agosto. Obradoiro-Joventut, Palencia-Basquet Coruña e Breogán-Real Madrid.