O Celta reforza o seu ataque co extremo marroquí Couhaib Driouech
Ata agora no PSV, será a súa primeira experiencia fóra dos Paises Baixos
Velocidade e desborde para a banda esquerda celeste
Celta
O Celta e o PSV Eindhoven acordan o traspaso de Couhaib Driouech, que asina por catro tempadas e incorpórase ao conxunto celeste ata xuño de 2030. O atacante marroquí afrontará en Vigo a súa primeira experiencia fóra dos Países Baixos despois de desenvolver toda a súa traxectoria profesional na Eredivisie.
Driouech chega a Vigo para aportar sobre todo velocidade e desborde, características que buscaba Claudio Giráldez para a súa banda.
A pasada tempada disputou 40 partidos co PSV, nos que marcou nove goles e repartiu un total de oito asistencias. Driouech conta ademais con experiencia na Champions League. Doce partidos, catro goles e dúas asistencias. Entre as súas actuacións destaca o encontro ante o Liverpool a pasada campaña, no que anotou un dobrete e foi elixido MVP.