A falta de pegada frea ao Rácing ante Ponferradina (0-0)
Os ferroláns dispuxeron dun feixe de oportunidades
Ojeda puido mesmo desde o medio do campo
Primeiros puntos que fuxen de A Malata esta campaña
De cen partidos que así se deran, que así xogase o Rácing e nos que tivera tantas ocasións só en un non gañaría. E foi o desta xornada. Porque agás no arranque, os ferroláns foron mellores que a Deportiva e dispuxeron de opcións de todo tipo. En especial, Alcaina.
Pero, de entre todas, nós subliñamos a de Ojeda, desde o medio do campo. Un prodixio de calidade que petou no pao, nas costas do porteiro e... non entrou. A bancada local protestou amais a xogada por entender que a pelota puido entrar e tivo que ser gol.
Con esta quedamos como fiel reflexo do mal que esta xornada perseguiu ao Rácing, que o privou doutra vitoria na casa e de seguir coa súa marcha ascendete na táboa. Serán as cousas do Halloween.