Publicador de contidos

Publicador de contidos

Monbus Obradoiro e Leyma Coruña arrancan as probas médicas

Monbus Obradoiro e Leyma Coruña arrancan as probas médicas

Os dous equipos ascendidos á ACB comezan a prepararse co obxectivo de manter a categoría

Básquet Coruña Básquet Coruña
G24.gal 11/08/2026 08:59

Monbus Obradoiro e Leyma Coruña deron comezo ás probas médicas co punto de mira posto na pretempada. Os dous equipos galegos, que acaban de ascender á Liga Endesa, dan comezo a unha ilusionante tempada na que buscarán manter a categoría.

No caso do Obradoiro, 7 xogadores se someteron onte aos primeiros controis médicos. Foron Dos Anjos, Barrueta, Barcello, Alex Galán, Lundqvist e dúas das fichaxes do equipò compostelán, Brandon Childress e Alonso Faure. Hoxe martes será o turno de Sergi Quintela e Caleb Agada.

Serán 9 xogadores do primeiro equipo os que terá Epi á súa disposición nos primeiros adestramentos, xa que Brito e Meindl disputaron ventá FIBA, Abogidi a Liga de Verán da NBA, e Joel Soriano está nas finais da BSN (liga de Porto Rico) co ex obradoirista Rigoberto Mendoza.

Por parte de Básquet Coruña, as ausencias foron Jacobo Díaz, con problemas para volver dende os EUA, Ouwa Camara, que está coa sub-18 de Mali, e o retornado Karlis SIlins, que acaba de ser pai.

Hoxe martes comezarán as sesións de adestramento do equipo coruñés, que seguirá estando ás ordes de Carles Marco e o seu corpo técnico. O motivo de arrancar tan pronto e a ausencia a finais de agosto de gran parte do plantel polas ventás FIBA. 

Ademais de Ouwa Camara, Leyma Coruña contará con Eric del Castillo (ambos vinculados co Basket Xiria) e con Carlos Taboada, o ano pasado en Cantabria e con pasado na canteira obradoirista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade