Cargando resultados...
O Obradoiro anuncia a contratación de Brandon Childress para a dirección do xogo
O base estadounidense de 28 anos chega procedente do Bursaspor, co que disputou a BCL
Foto: @OBRADOIROCAB
G24.gal
26/07/2026 13:19
Este mediodía coñeciamos outra incorporación para o Monbús Obradoiro: o base estadounidense Brandon Childress.
Ten 28 anos e 1.83 de altura. Chega procedente do Bursaspor turco, onde foi un dos principais referentes ofensivos. Promediou 14,9 puntos, 6,8 asistencias e 2,6 rebotes por partido. Ademais, disputou a Basketball Champions League, na que promediou 10,5 puntos, 5,5 asistencias e 2,7 rebotes en seis partidos.
Childress ten unha ampla experiencia internacional. Xogou previamente en Lituania, Grecia, Estonia ou Alemaña. Destaca pola súa capacidade anotadora e a súa dirección de xogo.