Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontevedra xa está lista para unha nova Gran Final das Series Mundiais Tríatlon

Pontevedra xa está lista para unha nova Gran Final das Series Mundiais Tríatlon

A Gran Final contará con 5.400 deportistas procedentes de 83 países

G24.gal 22/09/2026 15:09 Última actualización 22/09/2026 15:21

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o director de Competicións da FETRI, Jorge García; e Javier Gómez Noya presentaron unha cita que volverá converter a cidade galega no epicentro mundial do tríatlon.

O vestíbulo do palacio consistorial acolleu a presentación da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon 2026, que se disputará desde este mércores 23 e ata o domingo 27 de setembro, coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o director de Competicións da FETRI, Jorge García, e o cinco veces campión do mundo Javier Gómez Noya.

O acto contou tamén coa presenza de varios dos deportistas españois que serán protagonistas durante os próximos días en Pontevedra: Sara Guerrero, que correrá na proba elite, Pelayo González e Andrés Prieto, que o farán no Campionato do Mundo sub 23 e Candela Sánchez, que disputará a proba júnior. O técnico da FETRI Víctor Benages tamén acompañou aos triatletas no acto. Pontevedra afronta así unha nova semana grande para o tríatlon internacional, apenas tres anos despois de acoller a Gran Final das Series Mundiais de 2023. A cidade volverá ser durante cinco días o escenario das competicións que decidirán os títulos mundiais das diferentes categorías. Nesta ocasión, as previsións superáronse e

A Gran Final contará con 5.400 deportistas procedentes de 83 países, o que a converte no maior acontecemento da historia de World Triathlon en número de participantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade