Publicador de contidos

Publicador de contidos

A galega Sara Guerrero lidera o histórico triplete español en Florianopolis

A galega Sara Guerrero lidera o histórico triplete español en Florianopolis

A galega impúxose nesta proba da Copa do mundo, por diante de Marta Pintanel, prata, e Miriam Casillas, bronce

G24.gal 17/11/2025 15:41 Última actualización 17/11/2025 15:47

A naronesa Sara Guerrero, número 24 da clasificación mundial e no seu mellor momento deportivo, liderou o histórico triplete español en Florianópolis (O Brasil), a última cita da Copa do Mundo da especialidade.

España dominou de principio a fin nun percorrido chairo e rápido de distancia sprint: os 750 m de natación disputáronse fronte á praia de Jurerê, antes do 20 km de ciclismo e da carreira de 5 km que puxo fin á tempada da Copa do Mundo deste ano.

Sara Guerrero, que tiña como mellor resultado a prata da recente proba de Viña do Mar, sumou o primeiro triunfo á súa carreira nesta proba, ao alcanzar a meta nun tempo de 59:33.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade