Claudio: "Se alguén ten ganas de criticar, que me critique a min"
Claudio e o técnico do Málaga queixáronse por xogar a un horario con tanta calor
Claudio Giráldez, adestrador do Celta, coincidiu co seu homólogo do Málaga, Juan Francisco Funes, en que “o espectáculo” que ofreceron este domingo ambos os equipos sería “moito mellor” se o partido se xogase noutro horario.
“Encantaríame gañar para poder falar máis deste tema -non xogar con tanto calor- porque cando non gañas se falas destas cousas parece que é unha escusa, unha queixa. Estou convencido que Iago non se lesionaría noutras circunstancias, estou convencido que Pablo -Durán- podería xogar o partido noutras circunstancias porque hoxe sufriu un golpe de calor”, criticou.
Neste sentido, dixo estar convencido de que noutro horario os afeccionados desfrutarían “moito máis” e o ambiente en Balaídos sería “outro moi distinto” porque nas bancadas os afeccionados tamén sufriron as altas temperaturas -catro seguidores do Celta tiveron que ser atendidos polos servizos médicos-.
Giráldez lamentou que o seu equipo non conseguise “matar” ao Málaga antes porque desfrutaron de “tres man a man co seu porteiro que puideron ser finalizados mellor”, e restou importancia a que sigan sen gañar porque “as cousas van terminar saíndo”.
Claudio tamén protexe o vestiario
"Se alguén ten ganas de criticar, que me critique a min. É o momento de estar unidos"