Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Eles foron mellores na primeira parte e nós na segunda"

Giráldez: "Eles foron mellores na primeira parte e nós na segunda"

Claudio cre que Driouech ten que mellorar fisicamente

Foto EFE
G24.gal 04/09/2026 10:50 Última actualización 04/09/2026 10:54

O adestrador do Celta de Vigo, Claudio Giráldez, considerou, tras o empate a cero fronte á Real Sociedade en Anoeta, que o resultado reflicte a igualdade do choque, admitindo a superioridade local na primeira metade pero poñendo en valor a reacción do seu equipo tras o descanso.

"É obvio que na primeira parte eles foron mellores e nós na segunda. Cústanos acertar nas accións e acabar as xogada. Estamos coa persiana baixada", analizou o adestrador galego.

Preguntado pola xogada polémica na que Guedes reclamou penalti por un agarrón de Álvaro Núñez, o preparador céltico apoiou o criterio arbitral. "Pode ser falta ou penalti, pero o árbitro foi coherente ao non pitar calquera contacto con falta. Gústame ese estilo de arbitrar, que os partidos flúan e non se pite tanto. Aínda que entendo que se fose afeccionado da Real, diría que é penalti", recoñeceu.

Para rematar, o técnico analizou o estado físico do debutante Driouech.

"Ten que poñerse mellor fisicamente. Estivo afogado desde os primeiros quince minutos porque vén dunha tempada rara e con poucos minutos. Coa súa entrada buscabamos esixir máis a Aramburu pola súa banda", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade