Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cáceres, listo para debutar: "Son moi competitivo e afeito a defender en campo aberto"

Cáceres, listo para debutar: "Son moi competitivo e afeito a defender en campo aberto"

Marco Garcés destaca que foi "unha negociación cardíaca"

G24.gal 09/09/2026 14:33 Última actualización 09/09/2026 14:40

Nado en Montevideo o 18 de agosto de 1999, Sebastián Cáceres Ramos formouse no Liverpool de Montevideo antes de dar o salto ao Club América de México, onde se consolidou como un dos defensas máis contundentes do continente americano e logrou dar o salto á selección absoluta de Uruguai.

Tras varios anos sendo un alicerce fundamental na zaga das Águilas e acumulando experiencia internacional en grandes citas, Cáceres chega ao Celta para aportar contundencia, velocidade ao corte e capacidade de liderado na liña defensiva de Balaídos. Marco Garcés resaltou o complicado das negociacións.

"Foi unha negociación cardíaca"

Internacional con Uruguai, di que fisicamente está listo para debutar.

"Son moi competitivo e afeito a defender en campo aberto"

"Se confiaron en min é porque cren que teño potencial e cubrir as expectativas"

Coa súa incorporación, o conxunto celeste suma un perfil con xerarquía para apuntalar o proxecto da tempada.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos