O Multisport transforma Pontevedra nunha urbe máis multicultural
Agardan máis de dez mil persoas na Boa Vila esta semana por este evento deportivo
A cidade preparou un bo feixe de actividades para completar a oferta
Máis de catro mil triatletas buscarán medalla no Multisport, e con eles arrastran familiares, amigos e afeccionados que enchen as rúas da boa vila. Aquí veñen competir e tamén coñecer o país. Como ocorre cunha participante de Aquabike australiana, que xa que viaxou dende as antípodas, aproveitará despois para percorrer España durante dúas semanas.
Outro participante, londiniense, comenta que lle gustar estar uns días no sitio en que vai competir e coñecelo.
Os veciños agradecen o ambiente distinto que ten Pontevedra estes días. O papagaio Ravachol dá así a volta ao mundo, sen abandonar a praza da Peregrina máis internacional durante esta semana.