Susana Rodríguez: "Se me vexo competitiva, estarei nos xogos dos Ánxeles 2028"
A viguesa gañou por séptima vez o Mundial de triatlón paralímpico
Xa son sete os campionatos mundiais que aparecen no palmarés de Susana Rodríguez. Xunto á súa guía Sara Pérez, colgouse o ouro na categoría PTVI para deportistas con discapacidade visual no Mundial de tríatlon paralímpico que se disputa na localidade australiana de Wollongong.
Susana Rodríguez mantén a súa serie vitoriosa. En 2024 completou a tripla coroa: ouro europeo, paralímpico e mundial. Ese ano empezou a competir con Sara (olímpica con 16 anos en natación en Atenas 2004) como guía, tras a súa primeira experiencia xuntas no Campionato de España de 2023.
A súa unión non minguou un chisco a capacidade competitiva da triatleta viguesa. Xuntas gañaron todo salvo a Copa do Mundo de Vigo de 2024 na que sufriron un accidente no tándem cando ían a 70 Km/h.
Agora apunta aos xogos.
"Se me vexo competitiva, estarei nos xogos dos Ánxeles 2028".