Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maior seguridade na gran final das Series Mundiais de tríatlon pola participación de atletas israelís

Maior seguridade na gran final das Series Mundiais de tríatlon pola participación de atletas israelís

O obxectivo é que non se repitan os "graves incidentes" que se produciron o ano pasado durante a etapa da Volta Ciclista de España que percorreu a provincia de Pontevedra

G24.gal 24/09/2026 13:10 Última actualización 24/09/2026 13:17

A participación de seis atletas de Israel na gran final das Series Mundiais de tríatlon de Pontevedra obrigou ás autoridades para reforzar a seguridade nesta competición deportiva. Así o anunciou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, tras presidir este xoves unha reunión para preparar este dispositivo de seguridade.

O obxectivo é que non se repitan os "graves incidentes" que se produciron o ano pasado durante a etapa da Volta Ciclista de España que percorreu a provincia de Pontevedra.

"Quero facer un chamamento á tranquilidade e ao respecto mutuos", pediu Losada, que explicou que as autoridades coñecen desde "fai tan só tres días", que estes deportistas israelís estarían en Pontevedra.

Tendo en conta o "antecedente" da Volta, o subdelegado avanzou que se despregará un operativo liderado pola Policía Nacional e no que colaborarán a Garda Civil, a Policía Local de Pontevedra e a Policía Autonómica.

Abel Losada explicou que os mandos policiais decidiron "afinar" o dispositivo de seguridade previsto para esta proba "incorporando esta variable", xa que lles parece un asunto da "máxima relevancia" ante a "colisión de dereitos" existente. Por unha banda, Losada lembrou que os cidadáns teñen "liberdade de expresión" para manifestar a súa solidariedade co pobo palestino e a súa repulsa polo xenocidio de Gaza. E por outro, engadiu, o desexable é que unha proba deportiva "quede iso", garantindo o dereito do público para desfrutar dela.

"É unha festa que dá unha gran proxección á cidade e á provincia. Espero que saibamos separar adecuadamente o rexeitamento que nos produce o que sucedeu e segue sucedendo en Palestina cunha competición deportiva", sentenciou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade