Publicador de contidos

Publicador de contidos

O triunfo de Jessica Bouzas e nos dobres, meten a España na semifinal da BJK Cup

O triunfo de Jessica Bouzas e nos dobres, meten a España na semifinal da BJK Cup

España xogará ás súas primeiras semifinais da Copa Billie Jean King desde 2008

G24.gal 23/09/2026 18:00 Última actualización 23/09/2026 18:09

Jessica Bouzas, número 93 do mundo, adiantou este mércores a España nos cuartos de final da Copa Billie Jean King ao impoñerse por un dobre 6-2 a Sonja Zhiyenbayeva (384) nunha hora e dous minutos, sobre a pista dura do Shenzhen Bay Sports Centre Area.

A galega dominou o encontro desde o primeiro xogo, rompeu catro veces o servizo do seu rival e non afrontou ningunha bóla de rotura para colocar o 1-0 na eliminatoria.

"Estou contenta por esta primeira toma de contacto e polo partido"

Con todo, Cristina Bucsa perdeu ante Yulia Putintseva polo que a eliminatoria resolverase no partido de dobres. Cristina Bucsa e Sara Sorribes Tormo venceron levaron a España ás súas primeiras semifinais da Copa Billie Jean King desde 2008 ao derrotar ás kazakas Anna Danilina e Zhibek Kulambayeva por 6-2 e 7-5, no dobres decisivo dos cuartos de final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade