Publicador de contidos

Publicador de contidos

As derrotas de Jessica Bouzas e de Cristina Bucsa deixan a España fóra da final da Copa BJK

As derrotas de Jessica Bouzas e de Cristina Bucsa deixan a España fóra da final da Copa BJK

A galega perdeu ante Karolina Muchova e a cántabra diante de Linda Noskova, campioa en Wimbledon Copa BJK

Foto RFET Foto RFET
G24.gal 25/09/2026 16:18 Última actualización 25/09/2026 16:25

Linda Noskova, número seis do mundo, derrotou este venres a Cristina Bucsa (35) por 7-6(5) e 6-2, nun partido dunha hora e 31 minutos, e clasificou a Chequia para a final da Copa Billie Jean King tras pechar por 2-0 a semifinal ante España.

Sobre a pista dura cuberta do Shenzhen Bay Sports Centre Area, na China, a campioa de Wimbledon confirmou a vitoria obtida anteriormente por Karolina Muchova (8), que se impuxo a Jéssica Bouzas (93) por 7-5 e 6-4.

España, que disputaba as súas primeiras semifinais desde 2008, despídese así do seu intento de conquistar un sexto título. Chequia, once veces campioa e gañadora por última vez en 2018, xogará o domingo a final contra Ucraína ou Italia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade