Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bouzas abre ante Zhiyenbayeva o España-Casaquistán da Billie Jean King Cup

Bouzas abre ante Zhiyenbayeva o España-Casaquistán da Billie Jean King Cup

A galega, número 93 do mundo, medirase a Zhiyenbayeva, de 20 anos e situada no posto 384

G24.gal 23/09/2026 11:26 Última actualización 23/09/2026 11:31

Jéssica Bouzas abre arestora ante Sonja Zhiyenbayeva a eliminatoria de cuartos de final da Billie Jean King Cup entre España e Casaquistán, mentres que Cristina Bucsa enfrontarase posteriormente a Yulia Putintseva no duelo entre as números un dos dous equipos.

A capitá española, Carla Suárez, elixiu así a Bouzas para disputar o primeiro individual e deixou fóra a Kaitlin Quevedo, que chegou á China apenas unhas horas antes da eliminatoria tras conquistar o luns o seu primeiro título WTA en Sao Paulo.

Bouzas, número 93 do mundo, medirase a Zhiyenbayeva, de 20 anos e situada no posto 384, no primeiro partido dunha eliminatoria que comeza á 17:00 hora local (09:00 GMT) no Shenzhen Bay Sports Centre. O enfrontamento dispútase sobre pista dura cuberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade