Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín de la Puente queda á beira do triunfo no Aberto dos Estados Unidos

Martín de la Puente queda á beira do triunfo no Aberto dos Estados Unidos

O vigués caeu na final de dobres, formando parella con Spaargaren, diante de Hewett e Reid

No cadro individual, volveu perder nas semifinais a mans do número un do mundo, o xaponés Oda

G24.gal 12/09/2026 11:58

Martín de la Puente volveu quedar co mel nos beizos, como xa acontecera en Wimbledon. O vigués confirmou no Aberto dos Estados Unidos que está cos mellores, e que so lle falta un chanzo para coroarse no cadro individual. Volveu caer nas semifinais, e fíxoo diante do seu verdugo, o xaponés Oda, número un do mundo, que o está a afastar do título.

A semifinal decidiuse en dos sets en pouco máis de hora e cuarto. De la Puente competiu nas dúas mangas, e cedeu por un idéntico 6-4.

No cadro de dobres, onde Martín si que sabe o que é gañar títulos de Grand Slam, perdeu na final canda o seu compañeiro, o neerlandés Spaargaren. Cederon por un resultado de 6-2 3-6 e 7-10 diante dos ingleses Hewett e Reid, que se fan co seu 26º título nun grande.

Malia ao infortunio, Martín de la Puente non perde o sorriso, aínda que terá que aimilar estes resultados: " Un día duro para mín, hoxe. Este trofeo querémolo moito, pero non é o que desexábamos. Co tempo dareille a importancia que merece. Contento con como xoguei, e tiven oportunidades contra o número un do mundo. E nos dobres tamén, perdemos por so tres pelotas. Teño que estar contento, aínda que agora non o estea, porque foi unha gran semana, e teño que seguir así", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade