Antonio Benito coróase en Pontevedra como o rei do tríatlon de longa distancia
O discípulo do galego Pablo Dapena arrasou sacándolle máis de sete minutos ao segundo clasificado
A proba raíña dos Mundiais de Multideporte de Pontevedra foi o Tríatlon de Longa Distancia. E aí o español Antonio Benito, do Fluvial de Lugo, non tivo rival. O discípulo do pontevedrés Pablo Dapena repetiu o galardón que acadara o ano pasado en Australia cunha gran superioridade sobre o resto de rivais. Benito, baixo unha calor abafante, controlou os sectores de natación e bicicleta e marcou a diferenza na carreira a pé.
Os 30 quilómetros de carreira comezou a abrir oco sobre os competidores ata irse por riba dos sete minutos. O tempo que marcou Antonio Benito foi de 5 horas, 33 minutos e 33 segundos. O segundo, o francés Magnien, chegou a máis de sete minutos ao igual que o bronce, o británico Draper. Jordi Montraveta, o segundo español na meta, acabou no quinto posto.

