Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol abre en Bulgaria a fase previa da Eurocopa

O Baxi Ferrol abre en Bulgaria a fase previa da Eurocopa

Lino López confirmou que non formarán parte da súa convocatoria tanto Gala Mestres como as canteirás Elena Baldonedo e Irene Somorrostro

Foto Baxi Ferrol
G24.gal 22/09/2026 15:28 Última actualización 22/09/2026 15:34

O Baxi Ferrol disputará este xoves en Bulgaria o primeiro encontro da fase previa da Eurocopa, no que se medirá, desde as cinco da tarde, ao Beroe Stara Zagora, ao que recibirá na Malata a próxima semana para intentar certificar a súa entrada na rolda de grupos do torneo continental de baloncesto feminino.

O adestrador universitario, Lino López, confirmou que non formarán parte da súa convocatoria tanto Gala Mestres como as canteirás Elena Baldonedo e Irene Somorrostro, que compiten habitualmente co primeiro equipo e inmersas no inicio do curso escolar. O técnico, ademais, apuntou que tanto Claire Melia como Sandra Martínez, por mor de molestias físicas, non puideron adestrar con normalidade nos días previos á viaxe á cancha búlgara.

"Centrámonos nas cousas que temos que traballar e no equipo que queremos ser, tanto en defensa como en ataque", expresou López.

Tamén destacou que foi unha "pretemporada complicada" por lesións ou baixas por convocatorias de seleccións, ausencias sobre as que dixo que non foi "doado non ter nunca o equipo completo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade