Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aspas ve "balsámica" a vitoria ante o Rácing e espera estar á volta da parada

Aspas ve "balsámica" a vitoria ante o Rácing e espera estar á volta da parada

O capitán do Celta participou nunha campaña de promoción de Mexillón de Galicia

G24.gal 22/09/2026 13:21 Última actualización 22/09/2026 13:28

O xogador do Celta Iago Aspas considerou "balsámica" a vitoria da pasada fin de semana ante o Rácing de Santander e prognosticou que estará recuperado da súa lesión á volta do parón do campionato polos partidos das seleccións nacionais.

Tras participar nunha campaña de promoción de Mexillón de Galicia, Aspas indicou aos xornalistas que o futbolistas do Celta "estaban a traballar moi ben" e merecían "moitos máis puntos", pero non chegaba a primeira vitoria da tempada porque "o fútbol non vai de merecementos, senón de meter a pelota na portería". E iso foi o que sucedeu ante o Racing de Santanter (5-0) no sétimo partido do campionato, tras catro empates e dúas derrotas.

Aspas, que se perdeu os últimos encontros por lesión, confesou que seguir os partidos "tanto na tele como fóra" do campo, na bancada, lévao "moi mal".

O capitán do Celta considerou "balsámica" a vitoria e avanzou que segue adiante co seu plan de recuperación. Así, contou que este luns empezou a correr e que, como a recuperación prevista é de tres a catro semanas, confía en estar á volta da parada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade