Cargando resultados...
ÚLTIMA HORA
Investigan varias ameazas de bomba en centros educativos de Galicia
Hai cando menos 14 ameazas confirmadas en centros da Coruña e un de Lugo
G24.gal
18/11/2026 13:51
A Garda Civil e a Policía Nacional investigan varias ameazas de bomba en centros educativos de Galicia que se produciron este mércores á mañá.
A Delegación do Goberno confirmou a existencia destas ameazas, e a Policía Nacional da Coruña asegurou que só na Cidade Herculina houbo 14.
En Lugo desaloxouse o Instituto Sanxillao, na ronda das Fontiñas, onde se recibiu un correo co aviso de bomba.