Publicador de contidos

Publicador de contidos

Belén Toimil non consegue clasificar á final dos Europeos de Atletismo

Belén Toimil non consegue clasificar á final dos Europeos de Atletismo

A mugardesa quedou 14ª na proba de clasificación cunha marca de 16.79

Nestes campionatos participarán, ademais de Toimil, 6 atletas galegos

@atletismoRFEA @atletismoRFEA
G24.gal 10/08/2026 12:30

Belén Toimil caeu na rolda de clasificación e non disputará a final dos Campionatos de Europa. A lanzadora de peso de Mugardos fixo a 14ª mellor marca con 16,79, a dous postos de entrar na gran final desta tarde.

Participación galega nos Campionatos de Europa

A expedición española conta con 6 galegos máis para este Europeo. Adrián Ben participará na proba de 1500 metros. Na marcha Galicia terá tres representantes: os irmáns Chamosa, Daniel e Antía, e Aldara Meilán. Estas dúas últimas farán equipo coa medallista olímpica María Pérez na media maratón marcha, e Daniel Chamosa fará a maratón marcha. Na maratón feminina estará Ester Navarrete, e Yulenmis Aguilar participará no lanzamento de xavelina.

Os Campionatos de Europa comezaron hoxe e rematarán o día 16. Estes son os horarios dos galegos.

Horarios dos galegos nos Campionatos de Europa de Atletismo (hora aproximada)

Adrián Ben: 14/08 á 13:05 clasificación; 15/08 ás 22:07 posible Final 

Antía Chamosa e Aldara Meilán: 15/08 ás 08:30

Daniel Chamosa: 15/08 ás 08:30

Ester Navarrete: 16/08 ás 08:30

Yulenmis Aguilar: 14/08 ás 11:40 clasificación; 16/08 ás 20:55 posible final

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade