Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo-Rácing, o primeiro derbi da temporada xógase na TVG e en AGalega.gal

Lugo-Rácing, o primeiro derbi da temporada xógase na TVG e en AGalega.gal

Álex Gallar: "As expectativas son altas"

Migue Leal: "Podemos ser imparables"

G24.gal 25/09/2026 11:58 Última actualización 25/09/2026 12:04

Álex Gallar. Capitán deste Lugo imparable. Un gran veterano que asume a responsabilidade nos intres decisivos.

Álex Gallar": "Xogamos ben. Intentamos facer un fútbol atractivo. As expectativas son altas"

Migue Leal marcou en catro xornadas tantos goles como nas últimas catro temporadas. O Rácing chega logo de dous triunfos seguidos.

Migue Leal: "Non son un dianteiro pero cando sumas moitas accións en ataque, ás veces chegan os goles. Podemos ser imparables"

Primeiro derbi galego da temporada con Lugo e Rácing apuntando alto. O virus fifa tamén fai estragos. No Rácing non xogará Edgar, coa República Dominicana. O Lugo non pode contar con Embadje, convocado con Guinea Bisau. O seu porteiro titular será Marc Martínez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade