Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro vence ao Xirona na volta de Moncho Fernández ao Sar (91-81)

O Obradoiro vence ao Xirona na volta de Moncho Fernández ao Sar (91-81)

Os de Epifanio resistiron despois da remonta dos catalás, e acabaron decidindo o choque no último cuarto

Cuarta vitoria do equipo santiagués esta temporada

Foto: ACB
G24.gal 22/11/2026 14:30

No día da volta de Moncho Fernández ao Sar, o Obradoiro quedou coa vitoria, a súa cuarta na presente temporada. Foi un encontro emoptivo, que comezou coa homenaxe de club e do público santiagués ao adestrador de Pontepedriña. Ao técnico custoulle manter a compostura diante da ovación da que fora a súa afección durante tantos anos.

Despois chegou o partido, e aí o Obradoiro estivo serio desde o principio. Abriu axiña unha fenda grazas a un maior acerto desde a liña de tres, mentres o Xirona non era quen de meter unha tripla. Así chegou o primeiro intervalo co 25-12.

O equipo de Moncho Fernández mellorou nos dous seguntes cuartos, colocándose por diante xa no terceiro, que remataba 63-65.

Logo dun intercambio de canastras que deixaba por diante aos visitantes 67-71, chegou o momento decisivo do partido. E aí estiveron mellor os de Epi, que asinaban un 11-0 de parcial para finiquitar o encontro. Cuarta vitoria do conxunto santiagués, que colle un colchón de 3 triunfos sobre a zona de perigo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade