O Leyma Coruña suma contra o Lleida a cuarta vitoria no Coliseum (113-100)
Os coruñeses amplían a tres a vantaxe cos postos de descenso
O Leyma Coruña está a facerse forte na casa, e iso teno nunha situación moi cómoda neste treito da temporada. Na novena xornada chegou a cuarta vitoria do curso, tres consecutivas na casa, e diante dun Lleida ao que afunde na última praza cun so triunfo.
Foi un partido cunha primeira metade moi igualada. O resultado ao descanso foi de 51-52. Destacou no Lleida Perrin cos seus mates. Mantívose no partido o Leyma, e na segunda metade conseguiu fuxir no marcador, especialmente no último cuarto, ata ese 113-100 final.
Os destacados no equipo coruñés foron Alonso Verge, o máximo anotador do encontro con 29 puntos. Salientou tamén Jacobo Díaz, que meteu cinco triplas e rematou con 18 puntos.