O Leyma Coruña acada a súa segunda Copa Galicia diante do Breogán (102-93)
Os coruñeses foron sempre por diante, aproveitando as baixas porcentaxes dos lugueses
Unha xogada pode resumir a Copa. Perda de balón do Breogán e tripla con adiconal en posición inverosimil de Alonzo Verge. Foi ao incio do terceiro cuarto, cando o Leyma marcaba xa diferenzas importantes, arredor dos 15 puntos.
Eses balóns perdido do Breogán e o abuso do lanzamento exterior sen acerto condicionaban o xogo ofensivo dos lucenses. Os coruñeses, logo da igualdade inicial foron marcando diferenzas importantes. Cando pode correr, o equipo de Carles Marco é case imparable. ao descanso nove arriba para os laranxas.
Despois da espectacular xogada de Verge, seguiu o recital ofensivo do Leyma, Este rebote ofensico de Conditt situaba as vantaxes na vintena. O rebote, outro aspecto no que os herculinos foron superiores.
E xa no último carto, outra xogada que transmite o que o foi o partido. Erro desde o perímetro do Breo, transición super rápida do Leyma e boa ciarculación ata o lanzamentio, con acerto, de Jorgensen desde a longa distancia. A vantaxe chegou a ser de 26.
Casimiro tentouno de todos os xeitos. Serviulle para aminorar a diferenza ata os nove puntos finais pero o seu equipo en ningún momento desta Copa Ga conseguiu atopar o seu nivel agardado de xogo. O título, máis que merecido foi para o Leyma. A súa segunda Copa Galicia no seu palmarés