Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo recibe mañá ao Betis con varios xogadores afectados por un virus

O Deportivo recibe mañá ao Betis con varios xogadores afectados por un virus

Hidalgo: "Queremos que pasen máis cousas que queremos nós das que quere Pellegrini"

G24.gal 19/09/2026 12:37

O Deportivo ten mañá (18:30h) un compromiso moi complicado en Riazor ante o Betis. Varios xogadores brancoazuis están pasando por un proceso vírico e o rival chega nun gran estado de forma.

E é que o conxunto bético suma quince puntos logo dun inicio ligueiro no que logrou cinco vitorias por só unha derrota. Tamén gañou na súa estrea en Champions, así que o Deportivo terá que ofrecer unha mellor versión da que se puído ver o pasado mércores ante o Sevilla.

O adestrador deportivista, Antonio Hidalgo, terá que conformar o equipo tendo en conta o estado físico dos seus futbolistas para un encontro de máxima esixencia: "Fisicamente intentamos recuperar á xente do mellor xeito. A iso engadiuse un proceso vírico, a ver como evolucionan. É importante a enerxía, visítanos un equipo importante, de Champions, e precisamos frescura no once. Hai que facer un partido moi serio, moi sólido, conceder o menos posible e facerlles dano con balón. Temos que facer o partido que cremos, que pasen as cousas que queremos máis que as que quere Pellegrini"

Tamén se referiu Hidalgo á parada de dúas semanas que afrontan os equipos despois desta xornada: "É novidoso para nós, porque na Segunda a LIga non paraba. Creo que é moi longo, pero está montado así e non podemos facer moito máis", rematou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade