Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG denuncia que Galicia é a segunda comunidade onde máis sobe o custo da vida

O PSdeG denuncia que Galicia é a segunda comunidade onde máis sobe o custo da vida

Os socialistas pídenlle á Xunta un plan de choque para reverter a situación 
 

G24.gal 19/09/2026 13:34

O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou no Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas promovidas pola deputada Patricia Iglesias para reclamar á Xunta un plan de choque específico contra "a carestía da vida".

En concreto, a proposta demanda unha dotación orzamentaria "suficiente" e a adopción de medidas "urxentes" orientadas a "frear a perda de poder adquisitivo das familias galegas", segundo indicou o PSdeG nunha nota de prensa.

Así, subliñou que a iniciativa parlamentaria responde a unha situación económica na que Galicia "encadea seis meses coa inflación por encima da media estatal". Ademais, sitúase como a segunda comunidade autónoma onde máis se incrementaron os prezos, sinalou.

Entre as actuacións solicitadas pola parlamentaria socialista destaca a esixencia de articular axudas reforzadas para combater a pobreza enerxética. Do mesmo xeito, a batería de iniciativas contempla a posta en marcha de apoios extraordinarios dirixidos a traballadores autónomos e pequenas e medianas empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade