Os ecos das manifestacións da folga xeral marcan o inicio da campaña electoral en Galicia
BNG e Frente Amplio cren que foron maioritariamente pacíficas
O PSdeG condena os actos violentos pero cré que son feitos illados
O PP di que non son propios dunha democracia
O BNG abriu os seus actos nesta xornada de inicio de campaña cos ecos das manifestacións que levaron milleiros de galegos ás rúas nunha xornada de folga xeral.
"Vimos milleiros de persoas que pacificamente sairon á rúa a defender o sentido común.", di Ana Pontón.
Un éxito da mobilización que comparten tamén desde Frente Amplio, que a poucas horas do inicio da campaña deu a coñecer as liñas xerais do seu programa electoral.
"Estamos vivindo unhas manifestacións históricas que me dan esperanza. Desde onte somos moito mais optimistas. Imos ter un goberno de progreso", asegura Paulo Carlos López.
Desde o Partido Socialista condenan os actos violentos que se viviron en varias cidades galegas. E poñen como exemplo o que sufriu a sede da UXT en Vigo. Con todo, din que son feitos illados.
"A maioria social saiu de maneira exemplar. Non nos quedamos con excepcions", di Aitor Bouza.
Desde o Partido Popular poñen o foco nos actos violentos e condenan estes feitos.
"Iso non pode suceder nunha democracia moderna. O dereito de folga existe pero o dereito a non secundala, tamén. E creo que houbo disturbios que son condenables", pensa Miguel Tellado.