Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xi reivindica a reunificación con Taiwán como unha tarefa "ineludible"

Xi reivindica a reunificación con Taiwán como unha tarefa "ineludible"

O presidente chinés pídelle á cidadanía que se una para conseguila e advirte que non permitirá actividades en favor da independencia da illa

REUTERS/Maxim Shemetov REUTERS/Maxim Shemetov
G24.gal 12/11/2026 13:17

O presidente chinés, Xi Jinping, reivindicou a reunificación completa con Taiwán como unha tarefa histórica "ineludible do Partido Comunista chinés. Fíxoo durante a conmemoración en Pequín do 160 aniversario do nacemento de Sun Yat-sen, primeiro presidente da República da China.

Xi pediu aos cidadáns de ambos os lados do estreito que se unan contra as forzas separatistas da illa, cuxa soberanía reclama Pequín. O mandatario asegurou que está disposto a dialogar con representantes taiwaneses sobre a reunificación, pero advertiu de que non permitirá actividades a favor da independencia de Taiwán.

O presidente chinés non mencionou o posible uso da forza, pero insistiu en que a reunificación debe producirse e que, segundo as súas palabras, "sen dúbida se logrará".

Taiwán goberna de maneira autónoma desde 1949, pero A China reclama a súa soberanía e non descarta recorrer á forza para facerse co control da illa. O Goberno taiwanés rexeita estas pretensións e defende que só os seus 23 millóns de habitantes poden decidir o seu futuro político.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade