Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marlaska ordena investigar a actuación policial durante a folga xeral

Marlaska ordena investigar a actuación policial durante a folga xeral

O ministro de Interior prohibe aos axentes usar gas lacrimóxeno nas manifestacións

Polo menos 50 persoas foron detidas tras os altercados rexistrados en España durante a folga xeral

Policías durante a xornada de folga en Madrid (REUTERS/Violeta Santos Moura) Policías durante a xornada de folga en Madrid (REUTERS/Violeta Santos Moura)
G24.gal 12/11/2026 10:09

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, encargou á Dirección Xeral da Policía a apertura de investigacións sobre as "distintas incidencias" na actuación policial durante a xornada de folga xeral deste mércores e ordenou que os axentes xa non usen gas lacrimóxeno en manifestacións.

Estas investigacións específicas realizaranse con independencia da propia inspección interna á que a Policía Nacional somete toda as súas actuacións para avaliar a súa adecuación ás normas vixentes, informa o Ministerio do Interior.

Pola súa parte, a voceira do Goberno, Elma Saiz, asegurou que o Executivo non vai permanecer "impasible" tras as cargas policiais que tiveron lugar onte durante as manifestacións con motivo da folga xeral.

"O Goberno non vai permanecer impasible e, de feito, vai levar a cabo unha investigación. Ese é un Goberno que non permanece impasible ante unhas imaxes indubidablemente que desagradan e que non me gustan", dixo Saiz nunha entrevista en RTVE. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade