Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha parella pola súa presunta relación cunha vintena de roubos e furtos en Arteixo

Detida unha parella pola súa presunta relación cunha vintena de roubos e furtos en Arteixo

O xuíz decretou para eles prisión provisional comunicada e sen fianza

G24.gal 12/11/2026 09:43

A Garda Civil de Arteixo en colaboración coa Policía Local, detivo un home e unha muller como supostos autores de máis dunha vintena de roubos.

Os supostos autores operaban de maneira coordinada e con repartimento de funcións: mentres un vixiaba os accesos, o outro apoderábase de diversos artigos no interior aproveitando o descoido do persoal.

A investigación iniciouse a principios de outubro ao detectarse actividade ilícita en establecementos comerciais, locais de hostalaría e grandes superficies do núcleo urbano.

Os axentes conseguiron esclarecer ata cinco roubos cometidos nunha mesma tarde en diferentes negocios do municipio. Responsabilízanos do roubo de ​​​​teléfonos móbiles, dispositivos electrónicos, produtos de alimentación, xoguetes e material sanitario.

Tamén se lles atribúe a apropiación de efectos persoais nas instalacións dunha nave industrial, e as tarxetas bancarias obtidas foron utilizadas posteriormente para realizar cargos fraudulentos.

Todo o material subtraído era almacenado nun inmoble situado no centro da localidade.

Tras seren detidos, foron postos á disposición do xulgado de garda da Coruña, que decretou para ambos o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade