Cargando resultados...
A Garda Civil investiga dez denuncias por vehículos con rodas picadas en Silleda
Os feitos ocorreron na madrugada deste mércores
Un dos vehículos coas rodas picadas. TVG
G24.gal
11/11/2026 20:04
A Garda Civil de Pontevedra abriu unha investigación tras a presentación de dez denuncias por vehículos coas rodas picadas en Silleda.
Segundo confirmaron fontes do Instituto Armado consultadas por Europa Press, os feitos producíronse na madrugada deste mércores.
Os coches estaban estacionados en distintas rúas do municipio, entre elas Pontevedra, Trasdeza, Santa Eulalia, Alonso Paz, Progreso, Alfonso Trabazo ou María Colmeiro.