Cargando resultados...
Deteñen un home como presunto autor de varios roubos nun centro de lavado de Negreira
O arrestado, residente na vila e orixinario de Santiago, conta con antecedentes
G24.gal
10/11/2026 09:47
A Garda Civil de Negreira detivo un home, veciño da vila, como suposto autor de cinco roubos nas máquinas de cobro dun centro de lavado.
Tal e como trasladou a Garda Civil da Coruña, a actuación iniciouse por mor de las reiteradas subtraccións rexistradas nas instalacións dun establecemento de lavado e aspirado de vehículos situado en Negreira.
Neste contexto, o pasado dous de novembro os axentes lograron localizar e arrestar o sospeitoso, orixinario de Santiago e actualmente residente en Negreira. O home contaba con antecedentes.
As dilixencias instruídas por estes feitos foron postas á disposición do Tribunal de Instancia de Garda de Negreira.