Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan unha muller por inhalación de fume en Mondariz ao arder a cheminea da súa vivenda

Trasladan unha muller por inhalación de fume en Mondariz ao arder a cheminea da súa vivenda

Foi a propia vítima a que alertou os servizos de emerxencia

G24.gal 10/11/2026 09:16

Unha muller foi trasladada este vernes ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por inhalación de fume tras arder a cheminea da súa vivenda situada na localidade de Mondariz.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 05:00 horas desta madrugada e foi a propia muller a que alertou os servizos de emerxencia indicando que acababa de prender lume na cheminea e se estaba propagando ao teito da casa, en Riofrío, Mondariz.

Por iso, deron aviso a Urxencias Sanitarias 061-Galicia, á Garda Civil, ao GES-Bombeiros de Ponteareas e aos voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea.

Unha vez terminada a intervención, os equipos de extinción explicaron que arderan os restos da cheminea e o faiado, mentres que o resto da vivenda estaba afectada polo fume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar