Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez abre a campaña do 29-N en Sevilla, Feijóo en Badalona e Abascal e Colau en Madrid

Sánchez abre a campaña do 29-N en Sevilla, Feijóo en Badalona e Abascal e Colau en Madrid

Santiago e Vigo son as prazas elixidas polos principais partidos en Galicia para o arranque da campaña electoral

G24.gal 12/11/2026 08:40

A campaña electoral para as eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro arrinca esta medianoite cos principais candidatos repartidos por distintas cidades españolas.

O candidato socialista, Pedro Sánchez, escolleu Sevilla para o primeiro mitin do PSOE; o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, dará o pistoletazo de saída en Badalona acompañado do alcalde Xavier García Albiol. O candidato de Vox, Santiago Abascal abrirá a campaña na praza de Colón, en Madrid, e Ada Colau, de Frente Amplio, fará o propio na capital xunto a representantes de Sumar, Más Madrid e Esquerda Unida.

Tamén en Madrid comezará a campaña Irene Montero, candidata de Podemos, xunto a Ione Belarra.

Durante os próximos quince días, os líderes políticos percorrerán o país para pedir o voto. Ademais, está prevista a celebración de debates electorais entre os principais candidatos, incluído un cara a cara entre Sánchez e Feijóo e outro a catro con Abascal e Colau.

Santiago e Vigo, prazas elixidas polos principais partidos en Galicia para o arranque da campaña electoral

En Galicia, o Partido Popular elixiu Santiago para a pegada de carteis coa que arrinca a campaña de cara as eleccións xerais de 29 de novembro. Ás 23.45, o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, recén chegado do Brasil, dará o pistoletazo de saída acompañado do número dous da formación a nivel estatal, Miguel Tellado. Antes, á unha da tarde, Tellado presentará as candidaturas provinciaisdo PP ao Congreso e ao Senado e ás seis estará en Ferrol.

A líder do BNG, Ana Pontón, participará durante a mañá na Nave de Vidán, en Santiago, no acto de apertura da campaña xunto ás cabezas de lista ao Congreso por Pontevedra, Lugo e Ourense, xa que Néstor Rego, candidato pola Coruña, participará na Deputación Permanente do Congreso. Xa pola tarde, desprazarase a Vigo para participar nun mitin no Auditorio Mar de Vigo co que arrincan as dúas semanas de campaña.

Precisamente, Vigo será tamén escenario do primeiro acto do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que posteriormente se desprazará a Ourense onde participará ás 23:30 horas no acto de inicio da campaña que organizan no Parque de San Lázaro os candidatos da provincia.

Pola súa banda, o portavoz do Fronte Amplo, Paulo Carlos López, presentará pola mañá no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago o seu programa electoral e á tarde, a partir das 20:15, fará a pegada de carteis en Vigo, na rotonda do Barco de Coia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade