Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo propón baixar os impostos aos mozos, 1 millón de vivendas e inmigración controlada

Feijóo propón baixar os impostos aos mozos, 1 millón de vivendas e inmigración controlada

O programa electoral do PP inclúe 249 medidas coas que se pretenden fixar as prioridades dun eventual Executivo

Os populares din que se gobernan aplicará reducións no IRPF para os caseiros que suban a renda por baixo do IPC e aprobarán unha lei para que o propietario poida recuperar a súa casa en 48 horas

Anuncian que se gobernan crearán unha renda de activación que reúna o ingreso mínimo vital e os diferentes subsidios nun

 

Presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo. Eduardo Parra/Europa Press Presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo. Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 10/11/2026 17:19

Baixar os impostos aos mozos, construír un millón de vivendas, axilizar a expulsión de inmigrantes e avogar por unha inmigración regular son algunhas das medidas que Alberto Núñez Feijóo incluíu no seu programa electoral para facer unha "reconstrución nacional", que presentou este martes.

Un total de 249 medidas -algunhas delas aínda descoñecidas, pois se presentarán na campaña- coas que o líder do PP pretende fixar as prioridades dun eventual Gobierno liderado por el, tras as eleccións do 29N.

Máis controis nas fronteiras e prohibición do burka

O programa popular aposta por máis control nas fronteiras coa identificación nun prazo máximo de sete días de quen cruce ilegalmente para axilizar a súa devolución; impulso da creación de centros para inmigrantes en situación irregular en terceiros países; reforzo de efectivos, vixilancia e infraestruturas nas fronteiras terrestres, marítimas e aeroportuarias.

Ademáis entre as medidas do PP se avoga pola inmigración regular e integrada, con visados para inmigrantes con cotas anuais que determinen cantos traballadores poden vir e para que sectores; compromiso de integración para quen queira renovar a súa residencia, con obrigatoriedade de aprender español, coñecer a Constitución e os valores da Unión Europea. Ademáis no caso de gobernar os populares prohibirán o burka e o niqab nos espazos públicos.

Nacionalidade preferentemente para os hispanoamericanos

O PP anuncia que aprobará unha nova Lei de Nacionalidade que reforce as condicións de acceso: residencia legal e continuada, coñecemento suficiente do español, a historia e a cultura, con tratamento preferente para os países da Hispanidade.

Tamén adiantan os populares que se gobernan porán coto á multirreincidencia, co impulso de xuízos rápidos e de medidas para combater a reiteración de delitos leves. Endurecemento da resposta fronte a disturbios violentos e organizados. Taparse o rostro será un agravante e os titores terán responsabilidade cando haxa menores implicados en actos violentos.

Construción dun millón de vivendas 

No programa electoral, o PP anuncia un millón de vivendas construídas na lexislatura; a aprobación dunha nova Lei do Chan para facilitar o desenvolvemento urbanístico e a derrogación da lei de vivenda. Ademáis aplicará reducións no IRPF para os caseiros que suban a renda por baixo do IPC e aprobará unha lei para que o propietario poida recuperar a súa vivenda en 48 horas.

Ademáos o Partido Popular di que se goberna reducirá o IRPF dos traballadores e autónomos de 18 a 35 anos durante os catro primeiros anos en que paguen IRPF; tamén aplicará unha redución do IVE ao 4% para a adquisición da primeira vivenda para menores de 40 anos.

Rexeitar empregos suporá a perda de axudas 

Ademáis Feijóo adiantou que propoñen crear unha renda de activación que reúna o ingreso mínimo vital e os diferentes subsidios nun. Cada beneficiario asinará un acordo de formación e procura de emprego, con seguimento verificable. Rexeitar empregos axeitados de forma reiterada suporá a perda de axudas.

O concibido non nado computará para determinar as axudas e beneficios que correspondan á familia. Facilitarase a conxelación de óvulos para mulleres novas e ampliaranse os permisos por nacemento e máis liberdade para gozalos.

Aínda que non menciona a actual lei da eutanasia, que os populares rexeitan, o PP propón aprobar unha lei nacional de coidados paliativos co fin "de que ninguén se vexa empuxado á aceleración da morte por falta de alternativas".

Redución de ministerios e altos cargos e reforma do sistema xudicial 

No seu programa electoral, o PP aposta pola redución e control do gasto público, da burocracia e da regulación, pola auditoría das contas do Estado durante os primeiros cen días de Goberno e tamén se compromete á redución de ministerios, altos cargos e asesores

Ademáis os populares din que convocarán eleccións e disolverán as Cortes se se produce unha segunda prórroga orzamentaria consecutiva.

Anuncian tamén unha reforma do sistema xudicial, con cambios na elección do fiscal xeral do Estado, cun mandato único de cinco anos e un informe vinculante do Consello Xeral do Poder Xudicial; modificación dos requisitos para acceder ao Tribunal Constitucional, de modo que non poidan ser candidatos quen ocupase cargos políticos durante os cinco anos anteriores.

Derrogación da Lei de Memoria Democrática 

O PP afirma que se goberna derrogará varias leis, entre elas a de Memoria Democrática e a Lei de Amnistía, con recuperación no Código penal do delito de sedición e de convocatoria de referendo ilegal.

En materia de infraestruturas, anuncia a posta en marcha dun plan nacional de investimentos de máis de 300.000 millóns de euros en quince anos, con participación pública e privada, para renovar estradas, ferrocarrís infraestruturas hidráulicas e enerxéticas.

Así mesmo, no seu programa electoral inclúese a detección de riscos e sistemas de aviso. As confederacións hidrográficas darán prioridade ao mantemento, limpeza e ampliación das canles e barrancos. O Goberno central actuará desde o primeiro momento ante unha catástrofe, sen esperar a que llo pidan.

Tamén din que reformarán RTVE e EFE para "recuperar a súa independencia e a credibilidade dos medios públicos". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade