Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez quere máis avances sociais e Feijóo, acabar coa "desvergoña do Goberno"

Sánchez quere máis avances sociais e Feijóo, acabar coa "desvergoña do Goberno"

Desde Tarragona,  Sánchez pediu unha gran mobilización para manter os avances sociais fronte aos recortes e a ultradereita

Núñez Feijóo sostén que chega a hora de acabar co amiguismo e a corrupción para apostar por profesionais en postos clave

Composición feita con fotos de EFE: R. García e Quique García
G24.gal 07/11/2026 14:20 Última actualización 07/11/2026 15:07

Nun dos bastións electorais do PSOE, en Cataluña, Pedro Sánchez, apelou a unha gran mobilización para frear a involución e os recortes sociais. Referiuse tamén ao accidente de Urda.

"Nós sempre fixemos o mesmo, demos a cara fronte a aqueles que lles deron as costas ás vítimas e lles deron as costas ás súas responsabilidades".

Di Sánchez que España non vai ser o patio traseiro da internacional ultradereitista.

"Trouxeron guerra, trouxeron inflación, trouxeron un elevado custo da vida para a clase traballadora do noso país, trouxeron odio e mentiras".

O candidato do Partido Popular, Núñez Feijóo, elixiu Valladolid, un territorio electoral tamén propicio. Alí lembrou as últimas investigacions da xustiza europea sobre Adif e a seguridade ferroviaria en España.

"Terán que responder ante a xustiza e se roubaron o diñeiro destinado a protexer a seguridade dos espñois terán que saír do poder para entrar no cárcere".

Para Feijóo a esperanza radica en acabar coa "politica lixo", os escándalos e as mentiras do Goberno.

"Métenvos medo coas pensións cando saben perfectamente que as imos revalorizar todos os anos. Todos os anos as imos revalorizar de acordo co IPC".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade