Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retiro da Xunta en Leiro: Rueda reúne os conselleiros para poñer en común prioridades

Retiro da Xunta en Leiro: Rueda reúne os conselleiros para poñer en común prioridades

Este é o terceiro encontro deste tipo dende que Rueda é presidente, tras os celebrados en Sober (2024) e Meis (2025)

O obxectivo da convocatoria é, segundo o Goberno galego, poñer en común as liñas de actuación de cada consellería e reforzar a cooperación entre elas

G24.gal 07/11/2026 13:56

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reúne esta fin de semana no Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense), os seus conselleiros nun retiro de traballo de dúas xornadas. Este é o terceiro encontro deste tipo dende que Rueda é presidente, tras os celebrados en Sober (2024) e Meis (2025).

O retiro arrancou este sábado á maña cunha foto de familia no claustro do mosteiro, e de seguida comezou a reunión de traballo, na que está previsto que ao longo da xornada cada conselleiro presente as prioridades do seu departamento. Na xornada do domingo o presidente da Xunta informará, nunha intervención aberta aos medios, do resultado deste encontro.

O obxectivo desta convocatoria, como en edicións anteriores, é, segundo informa o Goberno galego, poñer en común as principais liñas de actuación de cada consellería e reforzar a cooperación entre elas no contexto da presentación dos presupostos.

Este ano coincide a poucos días de que arranque a campaña das eleccións xerais e tras remodelación da Xuntan propiciada pola saída de Fabiola García para concorrer ás listas do Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar