Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump ascende o impulsor da súa política migratoria tras a derrota electoral

Trump ascende o impulsor da súa política migratoria tras a derrota electoral

Stephen Miller substitúe a Susie Wiles como xefe de Gabinete do presidente dos EUA

O nomeamento apunta a un xiro máis duro da Administración Trump tras a derrota dos republicanos nas midterm

Miller e Trump no despacjho oval da Casa Branca o pasado mes de agosto. (REUTERS/Evelyn Hockstein) Miller e Trump no despacjho oval da Casa Branca o pasado mes de agosto. (REUTERS/Evelyn Hockstein)
G24.gal 07/11/2026 10:11

Stephen Miller, arquitecto de la política migratoria e de deportacións da Administración Trump e un dos principais artífices do discurso político de mandatario estadounidense, foi designado este venres para substituír a Susie Wiles como xefe de Gabinete da Casa Branca, nunha controvertida decisión que chega tres días despois do contundente revés electoral sufrido polo partido republicano nuns comicios nos que a axenda migratoria atopou un importante rexeitamento entre votantes hispanos.

Miller, nacido en 1985 en Santa Mónica no seo dunha familia xudía de posicións progresistas, converteuse nun dos principais ideólogos da axenda migratoria de Trump.

Desde ese posto, estivo detrás de medidas como o veto á entrada de cidadáns de varios países de maioría musulmá e os intentos por revogar o programa DACA, impulsado en 2012 polo entón presidente Barack Obama para protexer da deportación a mozos inmigrantes indocumentados coñecidos como dreamers ('soñadores').

A separación de familias migrantes na fronteira con México, aplicada en 2018 durante o primeiro mandato de Trump, foi un dos episodios que máis contribuíron a definir a figura de Miller.

O entón asesor presidencial foi un dos principais defensores da política de tolerancia cero, que provocou que miles de menores fosen separados dos seus pais tras cruzaren irregularmente a fronteira.

Con ese historial, Trump elixiu a Miller para substituír a Wiles, unha veterana estratega republicana que se converteu na primeira muller en ocupar a xefatura de Gabinete da Casa Branca.

Wiles, de 69 anos, era considerada por analistas unha figura de perfil máis pragmático e menos ideolóxico que Miller. A súa saída prodúcese despois dun ano no que tamén tivo que compaxinar as súas responsabilidades co tratamento dun cancro de mama, cuxa recuperación anunciou recentemente.

Reaccións dos demócratas

As reaccións non tardaron en chegar tras o anuncio. O líder dos demócratas na Cámara de Representantes, Hakeem Jeffries, cualificou a Miller de "xenófobo perigoso" e "extremista que ten sangue estadounidense nas súas mans".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos