Publicador de contidos

Publicador de contidos

As 'midterms' dos EUA golpean a Trump e danlle aos demócratas o control total das Cámaras

As 'midterms' dos EUA golpean a Trump e danlle aos demócratas o control total das Cámaras

O tsunami demócrata superou todas as experctativas e arrebatoulle aos conservadores bastións claves en Iowa, Texas, Ohio, Kansas ou Carolina do Sur

Trump recoñece a derrota pero non asume a súa responsabilidade: "Non me presentei ás eleccións, de facelo, gañariamos por unha esmagadora maioría", afirma

A nova maioría na Cámara de Representantes permitirá á oposición bloquear a axenda lexislativa de Trump e  impulsar xuízos políticos contra o presidente 

O candidato demócrata ao Senado dos Estados Unidos e representante estatal de Texas, James Talarico, comparece tras a vitoria electoral deste martes (REUTERS/Mike Segar)
G24.gal 04/11/2026 07:23

Unha imparable onda azul varreu este martes aos republicanos e arrebatoulles o control do Congreso dos Estados Unidos. Conseguiu derrubar bastións conservadores como Texas, nun duro castigo ao presidente, Donald Trump, que afrontará os últimos dous anos do seu mandato cunha oposición capaz de bloquear a súa axenda.

As enquisas anticipaban unha clara vitoria demócrata na Cámara de Representantes e unha batalla máis axustada no Senado, pero o castigo ao inquilino de la Casa Blanca e ao seu partido foi maior do previsto e despexou las principais incógnitas da noite electoral antes do que moitos prognosticaban.

Os demócratas recuperaron a Cámara Baixa cunha maioría que podería alcanzar os 244 escanos, moi por encima dos 218 necesarios para controlar o hemiciclo.

E, aínda que os republicanos resistiron sufrindo en bastións como Florida, a oposición logrou tamén o seu obxectivo máis difícil: un cambio de rumbo no Senado, con vitorias tan históricas como simbólicas en Texas, Kansas, Carolina do Norte, Carolina do Sur, Iowa e Ohio.

Caen os bastións republicanos

En Texas, o pastor presbiteriano e educador James Talarico converteuse no primeiro demócrata elixido ao Senado federal por ese estado en 38 anos, ao derrotar a Ken Paxton, fiscal xeral do estado e unha aposta privado de Trump. 

Nun acto en Austin comparou a súa campaña coa historia bíblica de David e Goliat e asegurou emocionado: "Esta noite, derrotamos a Goliat".

O golpe non terminou aí. O gobernador republicano Greg Abbott, que aspiraba a un cuarto mandato consecutivo, caeu ante a demócrata Gina Hinojosa, quen se converterá na primeira latina en ocupar o cargo.

En Texas o voto latinio, que deu un apoio  histórico a Trump en 2024, deulle agora as costas  poñendo fin a trinta anos de dominio republicano.

En Kansas, outro bastión conservador, Adam Hamilton rompeu unha serie de case un século sen que un demócrata lograse ser elixido o Senado federal por ese estado.

A nova maioría na Cámara de Representantes permitirá á oposición bloquear a axenda lexislativa de Trump, abrir investigacións e impulsar xuízos políticos contra o presidente ou membros do seu gabinete, aínda que unha eventual destitución esixiría unha maioría de dous terzos no Senado.

O control da Cámara Alta dará ademais aos demócratas poder para condicionar decisións de política exterior e bloquear a confirmación de candidatos ao Tribunal Supremo.

Trump afrontará así un Congreso hostil, capaz de poñer baixo escrutinio á súa Administración e complicar o tramo final da súa presidencia, sen posibilidade de optar a un terceiro mandato nas eleccións de 2028.

Trump desmárcase do revés

En plena noite electoral, o mandatario intentou desmarcarse da derrota. Cunha mensaxe na súa plataforma Truth Social no que atribuíu o revés republicano a que o seu nome non figuraba na papeleta e chegou a afear a Abbott, un dos seus principais aliados, por afastarse del.

"Non me presentei ás eleccións e, de facelo, gañariamos por unha esmagadora maioría! Grazas pola súa atención a este asunto", escribiu.

Trump implicárase en primeira persoa durante toda a campaña, con mitins case diario. Converteu as eleccións nun referendo sobre a súa figura echegou a pedir ás súas bases que acudisen ás urnas pensando nel.

A súa impopularidade acabou sendo un lastre para os republicanos, golpeados polo malestar ante a inflación, o encarecemento da gasolina derivado da guerra de Irán, o impacto dos aranceis e a súa cuestionada política migratoria.

Máis tarde, en declaracións ao diario The New York Times, o presidente adoptou un ton máis conciliador: recoñeceu que os resultados apuntaban a unha vitoria demócrata e mostrouse disposto a "traballar" coa nova maioría do Congreso.

Un xesto pouco habitual nun mandatario que nunca aceptou a súa derrota fronte a Joe Biden en las presidenciais de 2020 e que, antes destes comicios, advertira de que só aceptaría os resultados se as eleccións eran "limpas".

O Goberno español felicítase pola víitoria demócrata

O ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy, celebrou este mércores a vitoria do Partido Demócrata dos Estados Unidos nas eleccións de medio mandato e considerou que se trata dunha humillante derrota do presidente do país norteamericano, Donald Trump.

"Perdeu onte Trump, e é unha das derrotas máis humillantes que se lembran nos EUA", escribiu no seu perfil de X o ministro, que será portavoz da coalición de esquerdas Fronte Ampla na campaña electoral das eleccións xerais de España do próximo 29 de novembro.

Bustinduy  destacou que este resultado vén precedido da derrota de Flávio Bolsonaro no Brasil e augura que nas próximas eleccións xerais de España tocaralles perder aos candidatos dos partidos de dereita e ultradereita do país: Alberto Núñez Feijóo e Santiago Abascal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade