Publicador de contidos

Publicador de contidos

As formacións políticas apuran a presentación das candidaturas para as xerais

As formacións políticas apuran a presentación das candidaturas para as xerais

Queda unha semana para o inicio da campaña electoral para o 29-N

G24.gal 06/11/2026 14:46

O BNG di que estamos ante unhas eleccións transcendentais nas que Galicia debe facerse respectar. Por iso piden máis forza para impoñer unha axenda galega.

"Non é o momento de ir ás urnas nin con medo nin coa política do mal menor. É o momento de ir con ilusión, con ganas e de apostar polo voto que cres e que confías. E que este país se faga respectar", di a voceira nacionalista, Ana Pontón.

Un voto de esquerdas que para a Fronte Ampla debe ir encamiñado a revalidar o actual goberno. Din que son a garantía da continuidade das políticas de progreso.

"Témolo claro. Taxa aos ricos se gobernamos. E para iso é necesario concentrar todo o voto en Fronte Ampla", asegura o portavoz, Paulo Carlos López. 

A vivenda, a sanidade, a política social. Son prioridades para os socialistas, que defenden, din, políticas eficaces para garantir o funcionamento dos servizos públicos.

"Unha aposta clara polos servizos públicos e polo seu fortalecemento e non pola deriva cara a territorios privados e debilitamento dos nosos servizos públicos", defende o secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro.

Os populares din que son a alternativa responsable. Cren que España precisa un cambio e un goberno que funcione."Traballaremos para que o PSOE non siga gobernando e tamén para que o BNG , o cooperador necesario, non teña esa capacidade de influír no Goberno de España. Votar o BNG é o mesmo que votar a PSOE. Son o mesmo can con diferente colar", afirma a secretaria xeral dos populares de Galicia, Paula Prado.  

E din que a alternativa ten que vir dun goberno liderado por Alberto Núñez Feijóo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos