Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xuíz rexeita investigar a Zapatero por malversación como pedía a Fiscalía

O xuíz rexeita investigar a Zapatero por malversación como pedía a Fiscalía

No momento en que o rei saudita agasallou o expresidente Zapatero aínda non existía a Lei de Transparencia, que estableceu expresamente que os altos cargos non poden aceptar regalos que excedan os usos sociais ou de cortesía

Zapatero á súa chegada á Audiencia Nacional. Foto de arquivo (César Vallejo Rodríguez, Europa Press). Zapatero á súa chegada á Audiencia Nacional. Foto de arquivo (César Vallejo Rodríguez, Europa Press).
G24.gal 06/11/2026 12:45

A Fiscalía Anticorrupción solicitou a investigación do expresidente José Luis Rodríguez Zapatero por un presunto delito de malversación, pero o xuíz encargado do caso rexeita esta proposta. Os supostos feitos delituosos están relacionados coas xoias que, segundo o exlíder do PSOE, lle regalara o rei de Arabia Saudita en 2007 cando era o máximo responsable do Executivo.

A organización alega que Zapatero puido incorrer na malversación de caudais públicos ao non ter entregado a Patrimonio do Estado as xoias que o monarca saudita Abdullah Bin Abdulaziz Al-Saud e que se atoparon na caixa forte da súa oficina a un rexistro policial o pasado mes de maio.

Con todo, o xuíz da Audiecia Nacional José Luis Calama sinala que non foi ata o 2013 cando a Lei de Transparencia estableceu expresamente que os altos cargos non poden aceptar regalos que excedan os usos sociais ou de cortesía, e, polo tanto, non había regulación no ano 2007 que establecera que os regalos deberían incorporarse automaticamente ao patrimonio estatal. O que si existía naquel momento era un Código e Bo Goberno que segundo o xuíz, tiña un carácter estritamente deontolóxico e de autorregulación institucional, polo que carecía de valor normativo e o seu incumplimento non supoñía ningún delito.

Aínda así, Zapatero está acusado por un delito fiscal e outro de contrabando polas máis de 60 xoias atopadas na caixafote da súa oficina.

Suspendidas as inspeccións de Facenda

Ademais, o xuíz Calama reconsidera a súa decisión inicial e acorda paralizar as inspeccións tributarias a Zapatero, á úa muller, ás súas fillas, ao empresario Julio Martínez Martínez e varias sociedades. A razón que expón é que a súa investigación non afecta a delitos fiscais e que, polo tanto, non hai identidade entre os feitos investigados.

Unha nova petición da Axencia Tributaria para suspender o seu procedemento co obxectivo de interromper os prazos de prescrición levou ao xuíz para acceder á devandita suspensión ao constatar o "bloqueo" na inspección de Facenda pola negativa de Zapatero e o resto de afectados a achegar a documentación requirida ao alegar vulneración no seu dereito de defensa.

Di o xuíz que a súa nova decisión non supón "contradición algunha", senón un cambio no escenario derivado dunha estratexia procesual que, "con independencia" do seu "eventual acerto" -di Calama- afecta á inspección tributaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade